LETRAS GALEGAS 2019 (Concurso Microrrelato)

Data inicio: 15/05/2019     Data fin: 15/05/2019

Descrición

Con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas 2019, a Concellería de Educación QUERE QUE ALUMNADO DE 5º e 6º CURSO DE PRIMARIA E ESO presenten microrrelatos on line e teñan a oportunidade de ver publicadas a súa obras na páxina web da Concellería de Educación así como a posibilidade de recibir un agasallo.

O texto deberá ter un título e estar escrito en galego nun máximo de 180 palabras ( título non incluído)

Os traballos divídense en dúas modalidades :unha para 5º e 6º curso de EP e outra para ESO 

Temática : "  As Mulleres en Galicia"

Obxectivos


• Fomentar o uso do galego 

• Potenciar a capacidade creativa dos escolares ourensáns a través dunha fórmula orixinal e participativa

• Utilizar as novas tecnoloxías como ferramenta de traballo de lectura e escritura

• Dar a coñecer os distintos papeis da muller ó longo da historia de Galicia así como o nome de mulleres relevantes en distintos ambítos ( cultural, científico...)


Dirixido a

Hai 2 modadildades:


• Modalidade de Primaria : Poden presentar tranballos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de EP 
• Modalidade de Secundaria: Poden presentar traballos alumnos e alumnas de ESO

Periodización

A data límite de recepción de traballos é o 5 de abril de 2019 ás 14.00h e a entrega de agasallos terá lugar durante a semana das Letras Galegas

Observacións 

A partir do momento no que a petición da actividade sexa aceptada pola coordinadora, o profesor ou profesora responsable deberá facer unha selección previa dun máximo de dous relatos por aula, verificando que os contidos son os requeridos  e que no son ofensivos. 


Unha vez seleccionados os microrrelatos, o profesor ou profesora pode envialos á coordinadora da actividade por correo electrónico indicando o centro, o nome do profesor ou profesora responsable, título do relato  e nome completo e curso dos autores e autoras

Unha vez recibidos serán inmediatamente colgados na nosa páxina web para que todo aquel que o desexe poda lelos


Coordinación Isabel Doval Ferro ( 988 38 81 69 / educa.programas1@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica