ENTROIDO: XOVES DE COMPADRES E COMADRES

Data inicio: 08/02/2018     Data fin: 08/02/2018

Descrición

Obradoiros de confección de mecos nos centros de ensino impartidos por persoal especializado e posterior actividade na Praza Maior (Celebración do Xoves de compadres e comadres)

Durante as semanas previas ao entroido, monitores especializados desprazaranse aos centros que solicitaron esta actividade a través da páxina web e levarán o material necesario para confeccionar os mecos de compadres e as comadres.

Os días 1 e 8 de febreiro ás 11.30h levarase a cabo as loitas que son a segunda parte desta actividade na Praza Maior 

É imprescindible facer as dúas partes (obradoiros e loitas)

Obxectivos

Contribuír á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica.

Dirixido a

• Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de EP
• Lugar: Centros de ensino (obradoiros) e Praza Maior (Loitas)


Periodización

• Os obradoiros nos centros terán lugar do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2018 cunha duración de 1h 30 min cada un deles
• O 1 e o 8 de febreiro de 2018 celebraranse os Xoves de Compadres e de Comadres respectivamente na Praza Maior. De 11.30h a 12:30h


Achegas da Concellería

• Equipo profesional de son na Praza Maior
• Monitoras especializados que levarán o material necesario ós centros de ensino para facer os mecos e que tamén estarán na Praza Maior dinamizando a actividade

Observacións

Os centros que soliciten os obradoiros deberán facer obrigatoriamente a segunda parte da actividade asistindo ás loitas na Praza Maior ( só un dos dous días a decidir polos coordinadores e coordinadoras da actividade en función das idades dos participantes)

Actividade completamente gratuita

MOI IMPORTANTE

É imprescindible que o profesor ou profesora responsable da actividade entregue á coordinadora da mesma as autorizacións de saída do centro de cada alumno e alumna participante (Esta ficha de autorización pode descargala nesta páxina)


Tamén achegamos unha folla de avaliación que deberán reenviar debidamente cuberta NUN PRAZO DE 2 DÍAS MÁXIMO AO REMATE DA ACTIVIDADE 

VER VIDEO XOVES COMPADRES 2017 AQUI

VER VIDEO DO XOVES DE COMADRES 2017 AQUÍ

Coordinación Isabel Doval Ferro (988 388169/ educa.programas1@ourense.es)

 

video TVG 21 xaneiro 2016 no CPR San José AQUÍ

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica