OS MORCEGOS (Centros Educativos)

Data inicio: 04/06/2018     Data fin: 08/06/2018

A cidade de Ourense resulta unha das urbes de maior importancia cultural de Europa. Destaca principalmente o seu casco antigo, cheo de historia, representada
amplamente con numerosas construcións. Este mundo de pedra, aparece sempre acompañado de zonas verdes, de diversa estrutura e tamaño, que xeran unha
harmonía paisaxística. Así mesmo, o feito de situarse nas ribeiras do río Miño, e a abundancia de puntos de auga asociados ao termalismo, apórtalle un valor
ambiental a este medio cultural.

Esta paisaxe tan complexa favorece a existencia de diversas comunidades de fauna urbana, onde as aves pola súa conspicuidade resultan os animais máis aparentes.
Os morcegos son outro grupo importante dentro dos animais urbanos, que alberga na contorna da cidade unha boa comunidade. A pesar diso, son un dos grupos
peor coñecidos, tanto pola súa discreción como pola lenda negra á que están asociados.

Na orixe moitas especies de morcegos presentaban unha distribución limitada pola dispoñibilidade de refuxios apropiados, tales como fendas e gretas en cantís,
rochedos ou en grandes covas. Posteriormente, aprenderon a aproveitarse dos asentamentos humanos para ubicar os seus refuxios nas cavidades que existían nas
construcións feitas polo home.
A progresiva transformación do medio natural, fixo que moitas especies dependan case exclusivamente da presenza de construcións para ocupar un determinado lugar, estas especies coñécense como antropófilas.
Estas especies resultan especialmente sensibles ás actividades humanas, tanto polas molestias que lle pode ocasionar a eles mesmos, como os posibles inconvintes que
lle provoque a súas presencio ás persoas.
O coñecemento deste grupo, e especialmente das especies antropófilas, pode axudar a entender máis sobre estes veciños que conviven con nós e así desmitificar
falsas crenzas, axudando á súa conservación.
Este coñecemento pode darlle ao contexto histórico un valor engadido ao cultural, a biodiversidade.

Obxectivos:
  • Coñecer que son os morcegos, como viven, como se alimentan, as súas lendase crenzas, etc.
  • Dar a coñecer a biodiversidade asociada á cidade.
Realizarase un obradoiro de construción de caixas morcegueiras, facendo referencia a importancia destas actuacións na conservación dos morcegos. 

Autobus aportalo a Concellaria de Educacion
Destinatarios/as:  a actividade adaptarase aos distintos niveis educativos
Grupos:Non superior a 25 persoas
Duración: 90 min.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización: marzo
Grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00 
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tlfno: 988510781 
Correo electrónico:aulanatureza@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica