XEOLOXIA E TERMALISMO EN OURENSE (Centros Educativos)

Data inicio: 28/05/2018     Data fin: 31/05/2018

Descrición
Esta actividade consiste en dar a coñecer os distintos lugares termais de Ourense,que teñen a súa orixe nas profundidades da terra, que, atravesando as pequenas fisuras que o substrato de granito lle permite e adquirindo as propiedades dos minerais polos que pasa, chega á superficie.
Os romanos, grandes afeccionados a este tipo de mananciais, xa aproveitaron estas fontes como a testemuña o ara (altar) dedicado ás ninfas das augas das Burgas. Este lugar inicia un paseo termal que nos permite gozar dos principais surgencias do concello.
Seguindo o curso do Barbaña chegamos á Ponte do Milenio. Tras a obrigada parada nos seus miradoiros baixamos ata as Termas da Chavasqueira. Seguimos polo paseo fluvial que nos leva ao Tinteiro e que pouco despois nos comunica con outro paseo asfaltado ao final do cal se encontran as augas das burgas do "Muiño da Veiga"

Algunha das súas carcterísticas: 
AS BURGAS
Mananciais de augas termais (67ºC) e mineromedicinales recomendadas para problemas de pel (dermopatías prurixinosas), reuma e artrite.

CHAVASQUEIRA
Situada na marxe dereita do río Miño no "Campo da Feira" cunha temperatura de 63ºC, esta auga están recomendadas para a reuma, artrite e afeccións da pel.

TINTEIRO
Fonte de augas termais, de uso gratuíto, a 500 metros das anteriores. Este manancial atrae agüistas de toda a península e de Portugal. Ámbito rehabilitado recentemente polo Concello, Recomendado para enfermidades da pel e cicatrices.

MUIÑO DÁ VEIGA
Gran piscina termal ao aire libre, de uso gratuíto, sita xunto ao "Muiño dá Veiga", nunha grande área recreativa, na zona de Quintela de Canedo. A tres quilómetros do Tinteiro polo paso peonil asfaltado da marxe dereita do río Miño.

OUTARIZ
As súas augas que saen a unha temperatura de 60º C están indicadas para reuma e artrite. Situada a 3 km da cidade, por un paseo termal que a través dunha pasarela se comunica coa outra beira do río, nun futuro dispoñerá dun balneario que contará con media ducia de piscinas termais.

A actividade divídese en duas partes:
Parte teórica (Na Aula da natureza do río Miño)
Parte Práctica (Visita a unha das termas de Ourense)

Obxectivos
  • Poñer en común coñecementos, medios e actividades para conseguir a finalidade de interése xeral de desenvolvemento sostible do termalismo desde unha perspectiva territorial, turística, sanitaria, social, científica, cultural, medioambiental e hidromineral.
  • Promover a planificación, xestión integral e aproveitamento sostible dós recursos.
  • Contribuir a mellora da calidade do medio ambiente, á protección dos acuíferos e os xeorecursos termaies, a biodiversidade e a conservación e desenrrolo sostible dos recursos naturais e do medio rural.
  • Promocionar o desenvolvemento cultural local e os valores que favorezcan o desenrrolo endóxeno dos municipios termaies, así como a conservación do patrimonio histórico, arqueolóxico, archivístico e documental relacionado co termalismo.
  • Facilitar o aproveitamento racional dos recursos enerxéticos.
Autobus aportalo a Concellaria de Educacion
Destinatarios/as:  a actividade adaptarase aos distintos niveis educativos
Grupos:Non superior a 25 persoas
Duración: 90 min.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización: marzo
Grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00 
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tlfno: 988510781 
Correo electrónico:aulanatureza@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica