HERPETOLÓXICAS OURENSÁ (Centros Educativos)

Data inicio: 14/05/2018     Data fin: 25/05/2018

 HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza. 
Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense. 
Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país. 

A actividade divídese en duas partes:
Parte teórica (Na Aula da natureza do río Miño)
Parte Práctica (Visita unha zona  de Ourense)

Destinatarios/as Alumnado de Educación
Lugar de realización A parte teórica realizarase na Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización: Mayo
Grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / aulanatureza@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica