ORNITOLOXÍA (Centros Educativos)

Data inicio: 01/05/2018     Data fin: 04/05/2018

Descrición
Esta actividade ten como obxectivo o achegamento ao mundo das aves, a través da súa observación directa e a elaboración de comederos e caixas niño.A actividade divídese en 2 partes:
Parte teórica: explicación sobre diferentes tipos de caixas niño, comederos,identificaciónde aves, etc
Parte práctica: realización dun comedero, colocación dos comederos e dunha caixa niño. Realizarase tamén observación de aves con prismáticos e telescopio. 
Ensinarase unha variedade de métodos de mostraxe/censo de aves que permitirán aos asistentes tanto sacar un maior proveito dos datos que eles mesmos tomen no campo, así como ofreceráselles información sobre censos e proxectos coordinados, a nivel rexional ou estatal, nos que poderán colaborar no futuro. Tamén se capturarán e anillarán aves mediante técnicas de trampeo non lesivo co que os participantes poderán identificar as aves en man.
O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), celebra o segundo fin de semana do mes de maio  o  Día Mundial das Aves Migratorias.

Obxetivos
  • Identificar as distintas especies de aves 
  • Iidentificar aspectos importantes como son os cantos, a silueta en voo, así como outros aspectos comportamentales.
  • Contextualizar o anterior, mostraráselles os resultados de estudos levados a cabo polos responsables do curso, nos que se precisou da identificación e seguimento de aves para alcanzar os obxectivos dos proxectos. 

Luga de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as Alumnado de Educación
Periodización: Mayo
Grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / aulanatureza@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica