COÑECER E ACTUAR PARA A CONSERVACIÓN DO RÍO MIÑO (Centros Educativos)

Data inicio: 12/03/2018     Data fin: 23/03/2018

 

Descrición

Desde a Aula da natureza do río Miño realizarase unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos Miño, Loña e Barbaña. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos da cidade por parte dos centros con persoal especializado.

O 14 de marzo, celébrase o Día dos ríos, a auga e a vida. É xa a súa décimo terceira edición. En moitas cidades e países do mundo a xente  manifestarase reivindicando a protección dos ríos e da auga.

Desenvolveranse xornadas de sensibilización e educación ambiental entre escolares.

As actividades consistirán na análise da calidade das augas e na limpeza do leito e ribeira

 

Obxectivos

 

  • Coñecer e actuar para conservar os ríos
  • Dar a coñecer aos alumnos dos centros educativos da cidade os valores ambientais dos ríos Miño, Loña e Barbaña.
  • Animar aos escolares a participar na súa conservación

 

 

Destinatarios/as Alumnado de Educación

Lugar de realización A parte teórica realizarase na Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n

Periodización: Marzo

Grupos non superiores a 25 persoas

Horario: de 10:00 a 13:00

Duración: 90 minutos

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada

Tfno: 988510781 

Correo electronico aulanatureza@ourense.es

 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica