SEMANA DO RECICLAXE (Centros Educativos)

Data inicio: 11/12/2017     Data fin: 15/12/2017

Descrición
Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos
Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.
 
Obxectivos
Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais.
Fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.
Contidos
1. Presentación de vídeo.
2. Funcionamento dos proxectos.
3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)
4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.
5. Pautas para a clasificación doutros residuos.

A parte práctica terá unha duración de 90 minutos
Obxectivos
Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel.
Contidos
1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
2. Reciclaxe artesanal do papel.
 
Diponible autobus para los centros
Destinatarios/as Alumnado de Infantil Primaria ESO,e Bacharelato
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización:  Decembro
Horario: de 10:00 a 13:00 
Duración: 90 min.
Grupos: non superiores a 25
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada 
Tlfno: 988510781 
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica