ACTIVIDADES DE DIVULGACION SOBRE OS MAMÍFEROS CARNÍVOROS(Centros Educativos)

Data inicio: 04/12/2017     Data fin: 08/12/2017

Descrición
A actividade tradicional no rural de Galicia implica, historicamente relacións cos outros habitantes do medio natural, a fauna silvestre.
A mitoloxía e a sabedoría popular xunto co descoñecemento, non axudou moitas veces, a que a fauna silvestre e o ser humano habiten en harmonía.
Desta volta, tentaremos axudar a descubrir un mundo descoñecido, pero moi próximo a nós. Afondaremos na realidade, procurando desmentir a mitoloxía sobre estas especies.
Ademais, aportarase información que axude a entender a súa presenza, cando antes non eramos conscientes dela. 
Tamén a través de exemplos concretos, observaremos aquelas especies mais características do noso ambiente e a súa función nos ecosistemas.
Con todo isto preténdese, acentuar no valor engadido que supón vivir nun entorno con alto grado de biodiversidade, e como se pode convivir ca mesma dun modo equilibrado.

Obxectivos
Coñecer que son e quen son os mamíferos carnívoros
Desmentir mitos e lendas asociadas a estes animais.
Dar a coñecer a biodiversidade asociada ao home.

Actividades
A. Realizaranse unha serie de sesións divulgadoras dirixidas aos diversos rangos de idades.
Sesións para escolares (ata 10 anos): Charla orientada, sobre a bioloxía e curiosidades dos mamíferos carnívoros (30 min). Talleres relacionadas cos mamíferos carnívoros. Máximo 25-30 nenos (1 – 2 horas): Traballos manuais, realizados principalmente con material de refugallo.


Autobus aportalo a Concellaria de Educacion
Destinatarios/as:  a actividade adaptarase aos distintos niveis educativos
Grupos:Non superior a 25 persoas
Periodización Novembro
Duración: 90 min.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tlfno: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica