TEATRO EN INGLÉS: "SLEEPING BEAUTY" (6º de EI e 1º e 2º curso EP)

Data inicio: 25/05/2018     Data fin: 25/05/2018

Descrición

Un ano máis ofertamos aos máis cativos a posibildade de asistir a unha obra de teatro integramente en inglés que, como terá lugar no mes de maio,  o profesorado dispón de moitísimo tempo para preparar na aula o vocabulario e as cancións da obra co obxectivo de que os nenos e nenas gocen máis da actividade e entendan a obra.

Sinopse

O rei e a raiña olvídanse de invitar á orgullosa fada Maléfica ó bautizo da princesa Aurora que, enfurecida, lanza un feitizo sobre a pequena princesa.
Dezaseis anos máis tarde o fetizo faise realidade.


VALOR EDUCATIVO

O vocabulario utilizado está siempre apoiado con obxectos visuais que xunto con estruturas gramaticais simples facilitan a comprensión, incluso para os máis cativos, deste conto tan coñecido por todos os nenos e nenas.

Poderán escoitar e aprender previamente bonitas cancións que farán desta obra unha valiosa experiencia educativa.


Obxectivo

Utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule aos alumnos e alumnas no aprendizaxe da lingua inglesa 

Dirixido a 

Alumnado de 5 anos de Educación Infantil e de 1º e 2º curso de Educación Primaria (teñen prioridade os de Ed Infantil e despois os de 1º curso de Educación Primaria)
Profesorado de lingua inglesa


Periodización

Venres 25 de maio de 2018 na sala principal do Auditorio de Ourense
Haberá dúas sesións: Ás 10.00h e ás 12.00h

Observacións

IMPORTANTE: é imprescindible traballar a unidade didáctica para asistir a esta actividade

O profesorado pode descargar un completísimo Activity Book (Unidade Didáctica), o script ( guión) e as letras das cancións que aparecen na obra desde esta páxina web, pero tamén poden descargar todo esto así como escoitar as cancións seguindo estes pasos:

1- Dirixirse á web:www.theatre4schools.com ou picharAQUÍ
2- Arriba á dereita haga clic en "Zona Privada"
3- Acceder
4- Introduzca os seguintes datos:
           Usuario: theatre4
           Contraseña: schools

A duración da obra é de 50 min + 15 min de coloquio 

Imprescindible entregar a folla de autorización de saída do centro (unha por alumno e alumna) os días previos na concellería de educación ou o mesmo día ó personal do Auditorio (poden descargala desde esta web)

É obrigatorio que algún membro do profesorado asistente envíe por correo electrónico, nun prazo de dous días máximo da actividade, a folla de avaliación da mesma (unha por centro) que tamén poden descargar desde esta web

Na inscrición indicar o horario preferente 

Actividade completamente gratuita

Coordinación

Isabel Doval Ferro (988 38 81 69/ educa.programas1@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica