TEATRO EN FRANCÉS: "BELLE ET BÊTE" (3º e 4º DE ESO e ESPO)

Data inicio: 23/02/2018     Data fin: 23/02/2018

Descrición
 
Desde a Concellería de Educación un ano máis queremos ofertar a posibilidade de asistir á representación dunha obra de teatro en francés (90% en francés e 10% español) que este ano leva por título "Belle et Bête"" da compañía "La Bohème Théâtre".
 
Adaptación en lingua francesa e pensada especialmente para alumnado con previos coñecementos de francés.
 
Sinopse

Érase unha vez Garbrielle-Suzanne de Villeneuve, unha escritora francesa so século XVIII que decidiu ofrecer ao mundo unha bonita herencia, un conto oral que sobreviviu ao paso dos anos e que daría unha lección de conduta humana ao mundo enteiro: distinguir entre a fealdade física e a fealdade moral e  defender por encima de todo a intelixencia, a bondade do corazón e da alma , escondidos a menudo baixo  un tímido corpo ingrato.
Grazas tamén a Jeanne-Marie leprince de Beaumont o conto tivo o éxito do que hoxe goza

A historia trata dun rico mercader e dos seus tres fillos e fillas.Belle, a máis xove da familia distínguese das súas caprichosas e malcriadas irmás por ser modesta, doce e interesarse polas artes.A forte relación que a une ao seu pai fai que se sacrifique por el cando este é condeado a morte por unha terrible besta á que lle roubou unha da súas rosas , polo que Belle vaise a vivir coa Besta e descubrirá, máis alá da súa evidente fealdade, a un ser xeneroso atormentado polo seu pasado e con ansias de amar e ser amado

 

A Compañía

Àngel, Nico e Élodie forman parte de La Bohème Théâtre, un grupo de actores que de pronto son músicos como animadores ou incluso, as veces, fan de poetas a domicilio.Digamos que La Bohème é un grupo de artistas que se coñeceron facendo teatro no instituto e agora gañan a súas vidas contando e interpretando historias alá onde van.

Obxectivos
 
Utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule aos alumnos e alumnas no aprendizaxe do francés

Dar a coñecer a vida e obra de escritores clásicos da lingua francesa 
O espectáculo pretende que o alumnado goce e, ao mesmo tempo, descubran a lingua francesa a través deste conto clásico profundizando nos temas máis escuros e realistas da época como a hipocresía da sociedade, o gusto polo superfluo, o desdén pola bondade e a intelixencia ou a brutalidade agochada baixo a beleza físca


Dirixido a
 
Alumnado de 3º e 4º curso da ESO, Bacharelato e Ciclos

Periodización
 
Haberá dúas representacións o 23 de febreiro de 2018 ás 10.00h e ás 12.00h 
Lugar: Sala Principal do Auditorio de Ourense

Guía didáctica

O profesorado de lingua francesa interesado en asistir pode acceder á guía didáctica, ó guión e ás cancións  pinchando AQUÍ e acceder cos seguintes datos 

usuario: boheme
contraseña: frances

Duración:  45 min aproximadamente e despois haberá un pequeno coloquio en francés cos actores e actrices

Imprescindible descargar a folla de autorización de saída ó auditorio e entregalas á coordinadora o día da representación (unha por alumno e alumna)
A folla de avaliación da actividade deben enviala por e-mail nun prazo de 2 días máximo unha vez remate a actividade
Indicar na inscrición o horario preferente

Coordinación: Isabel Doval Ferro 988 38 81 69 / educa.programas1@ourense.es
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica