TEATRO: MOTECES (Mostra de teatro escolar de ensino secundario) (ESO e ESPO)

Data inicio: 03/05/2018     Data fin: 11/05/2018

Descrición

A Concellería de Educación un ano máis quere dar a coñecer o traballo realizado polos grupos de teatro formados por alumnos e alumnas de educación secundaria de centros da cidade celebrando este ano a 17ª edición desta mostra de teatro que cada ano ten máis participantes.


Obxectivos

• Facilitar o intercambio de experiencias teatrais entre os distintos centros de ensino da cidade
• Fomentar o gusto polo teatro e crear futuros espectadores
• Animar aos alumnos e alumnas a practicar teatro

Dirixido a 

Grupos de treatro de centros de ensino da cidade 
Alumnado da ESO e ESPO


Periodización

• Do 3 ao 11 de maio de 2018
• Lugar: Salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas ás 12.00h, EXCEPTO A CLAUSURÁ QUE SERÁ ÁS 11.30H

                                                                         
  Achegas da concellería
 
  •        Material diverso para os grupos de taeatro participantes
  •       Agasallo para cada grupo de teatro participante realizado por un artista ourensán
  •       Técnico e equipo de son para cada obra
  •       Cartelería
 
Observacións

O profesorado que asista cos seus alumnos e alumnas como público ás obras elixidas deberán cumprir coas normas de comportamento básicas requiridas en calquera espectáculo


* Cada centro de ensino con grupo de teatro participante deberá enviar un mínimo de 75 alumnos e alumnas por obra presentada a ver algunha das representacións.
 

Observacións

Poden inscribirse para asistir como público a través desta páxina e se queren asistir como grupo participante deberán chamar ó nº 988 388169 e contactar coa coordinadora da actividade

Calendario de actuacións

3 de maio: CPR Divina Pastora Título da obra :"¿Quién?.Autor e director: Román Godás.Castelán

4 de maio: IES Lagoas: "Alicia".Directora: Ledicia Álvarez (Lele). Galego

8 de maio: CPR Sto. Ángel: "Superheroes".Director: Andrés Yáñez.Galego

9 de maio:CPR Sta Teresa de Jesús: "El Cartero del Rey".Director: Pablo Silva.Castelán

10 de maio: IES Universidade Laboral: " Vocación de Adrián Silva".Directora. Matilde Vázquez.Galego

11 de maio: Clausura: IES Eduardo Blanco Amor: "Sueño de una noche de Verano".Directora: Margarita Varela.Castelán


Coordinación

Isabel Doval Ferro (educa.programas1@ourense.es/988 388169)

VER VIDEO DE TELEMIÑO DA CLAUSURA MOTECES 17 AQUÍ

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica