III CERTAME LITERARIO CARTAS DE AMOR

Data inicio: 18/09/2017     Data fin: 29/01/2018

III CERTAME LITERARIO CARTAS DE AMOR

Este certame naceu coa idea de recuperar a carta como vehículo de comunicación fronte ao teléfono e ás novas tecnoloxías, reivindicando os seus encantos e o reto que supón escribir e recibir unha carta.

O “Amor” e o “Desamor” son os temas elixidos, cunha extensión máxima dun folio manuscrito en galego  ou castelán. 

Ninguén dixo que escribir fose fácil, pero atopar o camiño para expresar os sentimentos, é unha necesidade irrenunciable.

Por iso, para escribir sobre este tema e expresar emocións, para escribir sobre o amor -ese sentimento tan difícil-, convocamos este concurso, celebrando a expresión dos sentimentos a través da palabra escrita.


A poboación destinataria serán nenos e nenas de 6º de Educación Primaria e 1º da ESO de centros de ensino da cidade.

Podedes imprimir as bases no arquivo adxunto.


Sara Dacal Fdez
988388136/45
educa.programas2@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica