TERTULIA DE GALEGO

Data inicio: 18/09/2017     Data fin: 30/04/2018

TERTULIA DE GALEGO
Neste programa tratamos de crear un lugar de encontro acolledor, onde faremos unha posta en común de experiencias e ideas en torno ao libro e á lectura.

Descrición

Este programa de TERTULIAS divídese en dúas fases:

• Realización de reunións previas cos profesores implicados, antes de cada faladoiro. 
Nestas elixiranse títulos e temas a tratar en cada libro.

• O faladoiro farase con todos os alumnos/as participantes e o seu profesorado. 
Levaremos a cabo dúas TERTULIAS ao longo do curso escolar: unha dun título galego e outra de castelán, cunha duración aproximada dunha hora e media cada unha.

Esta actividade desenvolverase entre escolares de varios centros escolares.

O título de galego será elixido na próxima reunión co profesorado.

Esta actividade lúdico-didáctica farase en torno a un refrixerio  e nun lugar emblemático como é o Liceo de Ourense.

Obxectivos 

  • Fomentar a lectura comprensiva para a realización de postas en común.
  • Realizar debates organizados.
  • Coñecer autores da nosa comunidade.

Dirixido a

Alumnos/as de 4.º ESO e 1.º BAC ou ciclos.

Periodización

• Tertulia de galego: pendente de confirmar ,no Liceo.

Achegas da concellería

• Libros seleccionados para as TERTULIAS ( 1 exemplar a cada alumno/a e profesor/a participante)

  • ACTIVIDADE TOTALMENTE GRATUITA

Colaboracións

Deputación de Ourense

Liceo de Ourense (como lugar para as TERTULIAS)

Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988388145 / educa.programas2@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica