LER SÓBESECHE A CABEZA

Data inicio: 01/02/2017     Data fin: 31/05/2017

Nas Bibliotecas Municipais de Ourense levamos a cabo o programa de "Animación a Lectura" onde entendemos que a "Animación a Lectura" engloba un conxunto de actividades , estratexias e técnicas tendentes a favorecer, potenciar e estimular o achegamento o usuario e usuaria dos libros, mellorar os hábitos lectores, asegurar o seu crecemento lector, pasar de saber ler a querer ler e a fomentar o aspecto lúdico da lectura. Non é só ler un libro. Abarca un amplo abanico de accións, todas ideadas, deseñadas, organizadas e propostas dende a biblioteca.

Desde este servizo trabállamos na realización de actividades sistemáticas encamiñadas a espertar o interese polos materiais de lectura e a súa utilización cotiá, non só como fontes de entretemento e pracer, senón tamén como instrumentos educativos e informativos.

Queremos que os nenos e nenas vexan a biblioteca municipal como un espazo que está aberto a todos os públicos e en horario fora do escolar incluso en vacacións, como nadal e semana santa, que eles e os seus pais tamén poden facerse socios e sacar libros que lles gusten.

Baixo o título "Ler sóbeseche a cabeza" ao longo do curso queremos ofrecerlle, os nenos e nenas que veñan participar das actividades. A través da lectura dos diferentes contos, materiais dispoñibles (marionetas, caixas máxicas, ilustracións, etc), e sen esquecernos do aporte imaxinativo de cada participante, crezan en coñecemento.

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica