RUTA DO MIÑO(Centros Educativos)

Data inicio: 06/03/2017     Data fin: 10/03/2017

Descrición
Ao longo de 10 kilómetros, desde a Chavasqueira ata Outaríz e desde Outaríz a Untes, faremos un percorrido pola súa historia vinculada á cidade de Ourense, polos seus aproveitamentos pasados e presentes e pola natureza que alberga o seu leito e marxes. 
Durante o traxecto achegarèmonos a algunhas das maneiras en que o home ten empregado o río e o seu contorno no seu beneficio; sorprenderémonos coa fauna que cada vez con maior familiaridade convive coa xente, coñeceremos as árbores típicas do bosque de ribeira e outros aspectos do medio natural que nos rodea.

Obxectivos
  • Descubrir as posibilidades de aprendizaxe e lecer que nos ofrece o río Miño.
  • Afondar no coñecemento dos vínculos entre o río e a cidade de Ourense.
  • Valorar os recursos que o río ofrece aos Ourensáns.
  • Coñecer a orixe, características e aplicacións das augas termais.
  • Recoñecer as formas en que o río modela as rochas e a paisaxe.
  • Aprender as características do ecosistema fluvial e coñecer as principais especies que viven no río e as súas marxes.
  • Descubrir as principais ameazas que se cernen sobre o medio fluvial.
  • Concienciar da necesidade do esforzo de todos para manter os ríos vivos.
Destinatarios/as
Dependendo das rutas
Chavasqueira -Outaríz: 3º ciclo de Educación Primaria e 1º e 2º da E.S.O
Outaríz -Untes: 3º e 4º da E.S.O. e Bacharelato
Grupo de 25 persoas máximo.
Achegas da Concellería Persoal especializado

Observacións
  • O alumnado deberá levar roupa cómoda para o itinerario.
  • A duración será de 2.45 minutos aproximadamente.
  • O monitor esperará na zona da Ponte Romana do barrio da Ponte.
Autobus aportalo a Concellaria de Educacion
Destinatarios/as:  a actividade adaptarase aos distintos niveis educativos
Grupos:Non superior a 25 persoas
Periodización:marzo
Horario: de 10:00 a 13:00 
Duración: 120 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tlfno: 988510781 
Correo electrónico:aulanatureza@ourense.es




Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica