CASTAÑO, MÁIS QUE UNHA FRUTA. (Centros Educativos)

Data inicio: 06/02/2017     Data fin: 10/02/2017

Descrición
Esta actividade constará dunha parte teórica e outra práctica.A parte teórica constará deconferencias a cargo dun experto que exporá as características máis salientables destes produtos gastronómicos, a súa importancia ao longo da historia e os distintos usos que lles podemos dar e as distintas formas de cociñalos. Terá unha duración de 1.00h.

A parte práctica constará de  a realización de cestería tradicional do Castiñeiro.

 

Despois dos anos 60, o abandono das aldeas e como consecuencia as formas de vida rurais fan cambalear todas as artes tradicionais. A cestería cae no esquecemento, facendo a xente cada vez máis dependente dos cartos e inútil para fabricar utensilios ou ferramentas coas súas mans. De aí xorde o interese por este obradoiro de cestería en castañeiro para que as súas técnicas e trenzados permanezan entre nós e poidamos ser os novos herdeiros dun coñecemento ancestral. Terá unha duración de 100 minutos

 

Obxectivos

  • Coñecer o castiñeiro, os seus froitos, a súa madeira e usos.
  • Dar a coñecer a importancia histórica destes produtos gastronómicos para a nosa cidade. 
  • Aprender distintas formas de manipulalos.
  • Destacar  a importancia económica
  • Descubrir e aprender as técnicas de entrelazado de fibras vexetais flexibles como é a medula de castiñeiro.
Contidos

 O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.

  • Técnicas de trenzado.
  • Técnicas de peche.
  • Cestería tradicional de castiñeiro.
Centros que participaran en la actividad.

Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as :Primaria, ESO e Bacharelato

Periodización febreiro  de 10:00 a 13:00

Duración: 150 minutos

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781  aulanatureza@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica