SEMANA DO RECICLAXE (Centros Educativos)

Data inicio: 01/12/2016     Data fin: 14/12/2016

Descrición
Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos

Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.

 

Obxectivos

  • Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais.
  • Fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
  • Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.

Contidos

1. Presentación de vídeo.

2. Funcionamento dos proxectos.

3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)

4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.

5. Pautas para a clasificación doutros residuos.

A parte práctica terá unha duración de 90 minutos

Obxectivos

  • Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
  • Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel.

Contidos

1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.

2. Reciclaxe artesanal do papel.

 

Diponible autobus para los centros

Destinatarios/as Alumnado de Infantil Primaria ESO,e Bacharelato
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Periodización:  Decembro

Horario: de 10:00 a 13:00 

Duración: 90 min.

Grupos: non superiores a 25

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada 

Tlfno: 988510781 

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica