CADERNO DE CAMPO / 5º y 6º EP

Data inicio: 03/04/2017     Data fin: 28/04/2017

DESCRICIÓN

Mediante unha metodoloxía participativa realizarase un Caderno de Campo, a partir da observación do contorno. Elixirase unha especie vexetal que eles mesmos debuxarán nun caderno de fichas que se lles entregará previamente. Na primeira sesión, na Aula, con todo o grupo, daremos unhas normas básicas de comportamento e traballo no campo, acompañado de dúas montaxes audiovisuais. Unha deles sobre a vida de Ediht Holden, naturista británica, seguido doutra onde se pode ver a nosa natureza, feita por o mestre ourensán Carlos Alvar Cerviño. Na segunda sesión levarémolos ao campo forestal que está preto da Aula para identificar e medir a especie de árbore o planta elixida. A actividade tenrá unha duración aproximada de HORA E MEDIA.




OBXECTIVOS

  • Iniciar os particiapantes na elaboración dun caderno de campo persoal a partir da observación do contorno.
  • Fomentar comportamentos respectuosos co medio ambiente.


DESTINATARIOS/AS

  •  Escolares de 5º e 6º de Educación Primaria.


PERIODIZACIÓN

  • Do día 3 de abril ao 28 de abril
  • Na Aula da natureza  / Parque forestal de Oira


ACHEGAS DA CONCELLERÍA

  • Transporte.


 Coordinadora: Stella Estrada Mosquera (988388136/ 988388159/Correo: educa.programas4@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica