UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA / 3º 4º EP

Data inicio: 01/03/2017     Data fin: 28/04/2017

DESCRICIÓN:

Esta actividade surxe coa idea de identificar as árbores da cidade e, co obxectivo de que a cidadanía sinta o vínculo que existe entre elas e a súa propia vida. Preténdese involucrar os estudantes que serán os verdadeiros responsables de que perdure o equilibrio entre o home e o seu contorno e, por iso, ten a oportunidade de elixir, con anterioridade, as rúas onde se porán as placas.

Os alumnos dos centros que desexen participar dese acto, recibirán unha clase maxistral por  parte dun técnico, que falará das árbores e da súa historia; e cada profesor invitará a seu curso a compoñer unha poesía referente a árbore elixido, que logo recitará frente ao mesmo, despois da charla. 



OBXECTIVOS:

  • Que o alumnado coñeza a orixe dalgunhas especies arbóreas coas que a diario tropeza. 
  • Lograr unha interrelación de complicidade á hora de coidar a vida das árbores na que, tamén, dependerá a súa propia saúde.
  • Sentir curiosidade polas árbores que son  propias e diferencialas das foráneas.
  • É, sobre todo, que sintan paixón polas cousas vivas e a súa diversidade, como di D. Vicente Rodríguez Gracia. 



DIRIXIDO A:

Escolares de 3º e 4º curso de Educación Primaria




LUGAR DE REALIZACIÓN:

As rúas elixidas 



ACHEGAS DA CONCELLERÍA:

As placas identificadoras
Material didáctico
Técnico relator


COLABORACIÓN:

Concellería de Medio Ambiente.


TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:

Coordinadora: Stella Estrada Mosquera
Teléfono: 988388136/ Fax: 988388159 /Correo: educa.programas4@ourense.es
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica