TI RECICLAS, OURENSE GAÑA / 5º 6º EP / ESO / BACH.

Data inicio: 01/02/2017     Data fin: 28/02/2017

DESCRICIÓN



A evolución social dos últimos decenios acadou un aumento da calidade de vida reflectido na mellora da hixiene, da sanidade, da alimentación, do benestar social,... sen embargo éstas ainda que positivas, traen asociados impactos ambientais importantes que temos que xestionar do mellor xeito posible  para tratar de evitalos e para non alterar o medio ambiente no que vivimos. Un deses impactos é o aumento da xeración de residuos debido ao incremento do consumismo da poboación e do número de embalaxes que se empregan na comercialización de productos ( papel, cartón, vidro, plásticos, metais,...) e polo emprego de envases de usar e tirar. Toda esta situación provocou un crecemento contínuo no volume de refugallos xerados por habitante e día ata os 1,216 Kg/habitante rexistrados no ano 2009.



OBXECTIVOS

Entender o medio como un ben común a todos os cidadáns e digno de protección.
Contribuir á reducción da emisión de gases o efecto invernadoiro e en especial reducir a pegada ecolóxica, comezando dende o ambiente escolar.


DESTINATARIOS/AS

Escolares de  5º e 6º de Educación Primaria e E.S.O


PERIODIZACIÓN

Do día 1 de febrero ao 29 de febrero
Nos centros educativos
Esta actividade ten unha duración de 90 minutos, aproximadamente


ACHEGAS DA CONCELLERÍA

Monitor de Educación ambiental.
Guía didáctica 


Coordinadora: 
Stella Estrada Mosquera (988388136/ Correo:educa.programas4@ourense.es
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica