TEATRO: MOTECES 17: XVI MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR DE CENTROS DE ENSINO DE SECUNDARIA

Data inicio: 03/05/2017     Data fin: 16/05/2017

Descrición

A Concellería de Educación un ano máis quere dar a coñecer o traballo realizado polos grupos de teatro formados por alumnos e alumnas de educación secundaria de centros da cidade celebrando este ano a 16ª edición desta mostra de teatro que cada ano ten máis participantes.


Obxectivos

• Facilitar o intercambio de experiencias teatrais entre os distintos centros de ensino da cidade
• Fomentar o gusto polo teatro e crear futuros espectadores
• Animar aos alumnos e alumnas a practicar teatro

Dirixido a 

Grupos de treatro de centros de ensino da cidade 
Alumnado da ESO e ESPO


Periodización

• Do 2 ao 12 de maio de 2017
• Lugar: Salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas ás 12.00h, EXCEPTO A CLAUSURÁ QUE SERÁ ÁS 11.30H

                                                                         
  Achegas da concellería
 
  •       Transporte para os centros máis afastados
  •       Material diverso para os grupos de taeatro participantes
  •       Agsallo para cada grupo realizado por un artista ourensán, neste caso de Isabell Seidel
  •       Técnico e equipo de son para cada obra
  •       Cartelería
 
Observacións

É imprescindible que os centros interesados en asistir só como público o especifiquen na inscrición
O profesorado que asista cos seus alumnos e alumnas como público ás obras elixidas deberán cumprir coas normas de comportamento básicas requiridas en calquera espectáculo
Poden inscribirse como público ou como grupo de teatro.En calquera caso deberán especificalo na solicitude

* Cada centro de ensino con grupo de teatro participante deberá enviar un mínimo de 75 alumnos e alumnas por obra presentada a ver algunha das representacións.
 

Observacións

Poden inscribirse para asistir como público a través desta páxina e se queren asistir como grupo participante deberán chamar ó nº 988 388169 e contactar coa coordinadora da actividade

XAPODEN DESCARGAR OCALENDARIO DE ACTUACIÓNS DESDE ESTA WEB
 Haberá transporte para os centros máis afastados

Obras:

2 de maio: Grupo de teatro do CPR Sto. Ángel.Obra "O Golpe"

3 de maio: Grupo de teatro do CPR Divina Pastora.Obra "A Casa Encantada"

4 de maio: Grupo de teatro do IES X Ferro Couselo.Obra "El Mago de Oz"

5 de maio: Grupo de teatro do CPR Sta. Teresa de Jesús.Obra "Se Suspende la Función"

8 de maio: Grupo de teatro do CPR Divino Maestro.Obra "Hip-Hip_Hurra!"

9 de maio: Grupo de teatro do IES As lagoas.Obra "Amelie"

10 de maio: Grupo de teatro do IES Universidade Laboral.Obra "A Espiral da Vergoña"

11 de maio: Grupo de teatro do IES Eduardo Blanco Amor.Obra: "Sobreviviré"

12 de maio ÁS 11,30H : Grupo de teatro do CIFP A Carballeira: Obra: "8 Mujeres"


Coordinación

Isabel Doval Ferro (educa.programas1@ourense.es/988 388169)

VER VIDEO DE TELEMIÑO DA INAUGURACION DA MOTECES 16 AQUÍ

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica